Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña INIBIC (Chuac – UDC)
Equipo multidisciplinario formado por biólogos/as, químicos/as e veterinarios/as.
Obxectivo: estudar e desenvolver estratexias de terapia celular e enxeñaría tisular do tecido músculo esquelético como ferramentas terapéuticas para a artrose, con especial atención á procura de fórmulas de tratamento para o dano na cartilaxe a través de biomateriais naturais ou híbridos reparadores.
É o único grupo clínico de Galicia que participa no Centro de Investigación Biomédica en Red: Bioenxeñaría, Biomateriais e Nanomedicina (CIBER-BBN), promovido polo Instituto Nacional de Saúde Carlos III.
Contacto: Joana Cristina Silva.
Teléfono: 981 176 399 Ext. 292494
Correo Electrónico: joana.cristina.silva.magalhaes@sergas.es