A Rede Galega de Biomateriais (RGB) é un consorcio formado por seis grupos de investigación das tres universidades galegas, que manteñen fortes vínculos cos principais complexos hospitalarios de Galicia.
O seu obxectivo é xuntar esforzos para avanzar no desenvolvemento de materiais avanzados, capaces de rexenerar tecidos danados e que resulten aplicables na práctica clínica.