Grupo de Química Coloidal

Universidade de Vigo e Instituto de Investigación Biomédica (IBI)

Equipo interdisciplinario con experiencia na ciencia dos materiais aplicada ao campo biomédico, principalmente nos campos da detección e da diagnose a través de nanopartículas metálicas.

Entre as súas liñas de traballo figuran a fabricación de dispositivos lab on a chip baseados na deposición selectiva de nanopartículas de níquel para a inmobilización selectiva de proteínas, o inmunofenotipado celular baseado en espectroscopia Raman aumentada en superficie (SERS), ou a análise das interaccións proteína-ligando responsables do Quorum sensing bacteriano.

Contacto: Jorge Pérez-Juste.

Teléfono: 986 813 449

Correo electrónico: juste@uvigo.es