Grupo Teamnanotech

Universidade de Vigo e Instituto de Investigación Biomédica (IBI)

O seu traballo céntrase nos nanomateriais e na nanoquímica. Fabrican nanopartículas multifuncionais capaces de combinar a diagnose e o tratamento mediante a administración de fármacos ao organismo ou con propiedades sensoras que permitan facer diagnose de tecidos ata a escala molecular, o que faría posible detectar o cancro ou o alzhéimer en fases moi incipientes.

A súa liña máis recente de investigación é a dos nanorreactores, partículas que se poden introducir nunha célula e activalas para que actúen sobre ela de xeito programado, por exemplo, liberando fármacos.

Contacto: Miguel Correa

Teléfono: 986 813 810

Correo electrónico: macorrea@uvigo.es