Grupo de Cirurxía, Radioloxía e Ecografía Experimental Veterinaria

Universidade de Santiago de Compostela, Campus de Lugo

É recoñecido como grupo con potencial de crecemento pola Xunta de Galicia. Está especializado no desenvolvemento de modelos animais para ensaios sobre enfermidades dos seres humanos. Controlan todo tipo de biomateriais, principalmente implantes dentais e ortopédicos para o tratamento de osteoartrite, osteoporose, enfermidades de cavidade oral etc., cunha liña específica de traballo sobre benestar animal no laboratorio.

Colaboran con universidades de toda España, Portugal, Austria, Suíza e Noruega e con grandes empresas do sector dental como Straumann, Mozo-Grau e Galimplant.

Contacto: Antonio González Cantalapiedra

Teléfono: 982 820 920

Correo Electrónico: antonio.cantalapiedra@usc.es