O grupo de investigación Biological Engineering Laboratory (BEL) forma parte do LEPABE (Laboratory for Process Engineering, Environment, Biotechnology and Energy). LEPABE é unha unidade de investigación creada en 1998 na Facultade de Enxeñería da Universidade de Porto, que se centra principalmente no estudo de biopelículas, tanto no seu impacto como na súa aplicabilidade a diferentes áreas, tales como a saúde, a industria e o medio ambiente.
BEL contribúe ao desenvolvemento de novos materiais anti-biofouling, relacionando as propiedades superficiais coa adhesión celular, o crecemento e o desprendemento. Isto implica a caracterización dos compoñentes da biopelícula (células e matriz polimérica), así como o estudo das características estruturais baixo diferentes condicións ambientais.
O persoal investigador de BEL conta actualmente con 4 científicos principais (Luís Melo, Filipe Mergulhão, Manuel Simões y Nuno Azevedo), 5 investigadores postdoctorales e 15 estudantes de doutoramento.
Contacto: Luis F. Melo
Teléfono: +351 919 914 155
Correo Electrónico: lmelo@fe.up.pt
Dirección: Rua Dr. Roberto Frias, s/n 4200-465 Porto (Portugal)