Obxectivos da Rede

Colaboración Multidisciplinar


En proxectos de investigación sobre biomateriais co fin de desenvolver aplicacións médicas innovadoras para a rexeneración de tecidos, ósos, articulacións e órganos.

Impulsar a Transferencia


Tanto a través de patentes como de proxectos colaborativos universidade-empresa, contratos de I + D ou licenzas de patentes.

 

Novos Membros


Integración de novos membros tanto do ámbito científico como do clínico, que permitan cubrir e reforzar todos os campos de coñecemento relacionados cos biomateriais: ciencias, enxeñaría, bioloxía, farmacia e medicina.

 

Redes


Promover a participación en redes nacionais e europeas para impulsar proxectos de investigación transfronteirizos e programas académicos internacionais.

 

Fondos Públicos


Maior capacidade para competir por fondos públicos para a investigación en Galicia, España e a Unión Europea.

Mobilidade


Mobilidade de investigadores entre os grupos que forman a rede e con outros grupos de investigación de excelencia nacional ou internacional.

 

Difusión e divulgación


Difundir e divulgar o labor científico desenvolvido no marco da rede para mellorar o coñecemento por parte das empresas, institucións públicas e cidadáns/ás.