Grupo Novos Materiais

Universidade de Vigo e Instituto de Investigación Biomédica (IBI)

É recoñecido pola Xunta de Galicia como grupo de excelencia. As súas principais liñas de investigación son os novos biomateriais, os materiais bioinspirados e os nanorrecubrimentos biocompatibles. Entre eles destacan os obtidos a partir de dente de quenlla, madeira e algas para implantes óseos e dentais.

Ademais, investigan sobre técnicas máis precisas e menos invasivas de diagnose de tecidos vivos para previr e tratar as patoloxías como o cancro en cavidade oral, a osteoporose e a desmineralización do esmalte dental.

Contacto: Pío González

Teléfono: 986 812 216 ext. 107

Correo Electrónico: pglez@uvigo.es